Sobre o conflito lingüístico en Galiza

O dia 10 de decembro de 2013, o profesor Fernando Ramallo presentou unha charla titulada “Lingua, política e conflito social en Galiza” (organizada pola ACGB) no Ateneu Roig de Barcelona. Hoxe falarei dalgúns aspectos que se discutiron ese día (teño que dicir que a xente estaba moi animada na discusión, saímos hora e media máis tarde do esperado, e non tiven tempo de dar a miña opinión).Charla Fernando Ramallo

1. O galego é un conflito de elites

Chámame a atención que a xente comente emocionada nas redes sociais que “ya se puede decir ‘blog’” porque a Real Academia Española acaba de incluír a entrada no dicionario (como se antes todos tivésemos unha “bitácora”). Por que, no caso do galego, a xente non se implica nas decisións dos académicos? Peor aínda, cantos galegofalantes coñecen o galego normativo ou se interesan por coñecelo (aínda que sexa para criticalo)? A impresión que teño é a contraria: moita xente négase a coñecer e falar “iso que non fala ninguén”.

Entendo que a xente non se anime, pero as elites, a administración e os medios de comunicación teñen o deber de masificar esta información, de facela accesíbel para todos. Tamén penso que os puristas da lingua adoitan ser demasiado esixentes: queren que o galego se fale máis, pero ao mesmo tempo queren que se fale con corrección; moitos poden sentirse avergonzados á hora de soltar a lingua. Un primeiro paso sería deixar que a xente fale como sabe e como pode, pero que falen en galego, o segundo paso sería pulir e corrixir.

2. Beneficios fiscais para as empresas que fomenten o uso do galego

Ramallo suxería que a administración debería conceder beneficios fiscais ás empresas que esixan aos traballadores coñecementos de galego e que, en xeral, fomenten o uso da lingua. A min paréceme unha boa idea, un excelente incentivo. Eu levo pouco máis de dous anos vivindo en Cataluña e desde o primeiro día pareceume fundamental aprender o catalán, non só por un tema de respecto á miña nova cidade, senón porque tamén se nota unha esixencia por parte das empresas neste sentido; se queres máis oportunidades, parla català.

Existe unha iniciativa moi interesante que se chama Projeto Pontos, unha páxina de Facebook que puntúa as empresas segundo os esforzos por utilizar o galego no seu negocio. A administración podería facer algo similar, é dicir, un sistema de puntuación ás empresas que se basee no uso e difusión do galego. Non creo que ningún empresario quixese saír nunha paxina da administración con mala puntuación.

3. Coñecer o galego non é un deber

Unha prima díxome unha vez que estaba moi preocupada porque ao seu fillo lle ensinaban na escola as partes do corpo humano en galego. Claro, que fará o neno cando creza e teña que dicir as partes do corpo en castelán? (Porque nos sitios serios, que máis se fala?). En realidade o meu primo pequeno ten moita sorte, non moitos estudan en galego na escola (só a materia de Galego). Segundo a Constitución Española de 1978, coñecer o castelán é un dereito e un deber, pero coñecer o galego só é un dereito.

Ante a proposta de Ramallo de “privatizar” a promoción do galego, parte do público suxeriu que a promoción e o ensino do galego deben partir da escola pública, que o galego debe ser a lingua vehicular das materias (como é o caso en Cataluña). Así e só así se creará una verdadeira conciencia da importancia do patrimonio lingüístico do país.

Eu penso que o mellor é a combinación de ambas cousas. Ao final, para chegar ao obxectivo é necesario tirar de todos os fíos: mover con conciencia aos que se moven por conciencia e mover con diñeiro aos que se moven por diñeiro (claro, desexando que máis xente se sume ao primeiro grupo).

O galego como lingua vehicular na escola tamén serviría para resolver o primeiro punto: implicaríase máis xente e o conflito baixaría das elites. De feito, para min o ideal sería que todos os habitantes do Estado español coñecesen nocións básicas de todas as linguas oficiais.

4. Non falamos nada das editoriais, pero paréceme importante

Gustaríame saber cantos activistas da lingua só len autores galegos e traducións ao galego de autores estranxeiros. Non me estrañaría que poucos, basicamente porque a oferta é limitada (sobre todo no segundo).

Se as vendas de libros no territorio español son deprimentes, a oferta e as vendas no sector do libro en galego son aínda peores. Penso que isto se debe a tres razóns: (a) en xeral, a xente non le, (b) se a maioría segue pensando que o galego é unha lingua só para a aldea, non existe a posibilidade de poder atopala nun libro, (c) se a oferta é pobre, os lectores non teñen que comprar; se a xente non compra, ninguén se animará a publicar máis.

Eu creo que: (a) demasiado fútbol e pouca lectura: á semana seguinte dun partido, virá outro que fará que esquezas o primeiro, pero sempre lembrarás un libro que che guste. Le o que queiras, o que che chame a atención, pero le. (b) A literatura, tanto humanística como científica, en galego é tan válida como a escrita en calquera outra lingua; e lamento caer no tópico, pero señores, os médicos tamén saben falar galego. (c) Rompamos o círculo vicioso da pouca oferta – pouca demanda, compremos máis libros en galego, en lingua orixinal ou traducións, e esixamos aos editores unha gama máis extensa para poder elixir.

5. Con todo o respecto do mundo

Plasmo as miñas opinións con todo o respecto e toda a humildade do mundo; entendo que hai xente que leva anos traballando pola promoción do galego, e eu hai pouco tempo que me intereso polo tema, pero ás veces unha ollada fresca pode ver máis cousas que uns ollos cansos.

Grazas a Anxo Baranga por cederme a fotografía, e a Xurxo Feijoo por corrixirme o texto.

Anuncios

2 comentarios en “Sobre o conflito lingüístico en Galiza

  1. Hace años, cuando la normalització lingüística comenzó a ser una realidad, a muchas personas les costó dejar de decir, por poner un ejemplo, busó para decir bústia o entender que una comanda era un pedido (léase padidu) de toda la vida 😀
    Con los tiempos que corren, me parece alucinante que Gas Natural Fenosa, que es fruto de una fusión de una empresa catalana y una gallega, solo ofrezca a sus clientes atención telefónica en castellano y catalán, si la quieres en gallego la has de pedir explícitamente (raro el que la pide) y solo hay dos teleoperadores simultáneamente. De vergüenza. Pero más flipante es que entre una llamada en gallego, te cambie el idioma a un castellano titubeante y si le ofreces pasar la llamada a su idioma, se sienta algo así como inferior y te diga que no! Si eso pasa en catalán nadie se inmuta y se pasa la llamada a atención en catalán sin hacer preguntas ni clientes sintiéndose, qué sé yo, cuestionados en su inteligencia.
    A mí me indigna y me sorprende a partes iguales.

    • No domino muy bien el tema, pero supongo que en el caso de Gas Natural el incentivo al uso del catalán viene por presiones de administración pública.Cosa que no pasa en Galicia, por eso me parece lógico lo que dijo el ponente en la charla: hay que pinchar un poco a las empresas.
      Tengo que decir que en Venezuela la cosa es peor, sólo se habla español y las lenguas indígenas (que hay cientos) están totalmente al margen de la sociedad; los únicos interesados son un par de lingüistas extranjeros que se acercan a las comunidades indígenas para estudiar sus lenguas. Vamos, que es una lástima por donde de mire.
      ¡Ah, y gracias por dejar el comentario!
      R.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s