Ana Escourido: Apostar polo uso da nosa lingua

Hace algunos años la conciencia me empezó a sugerir que tal vez sería bonito aprender el idioma que se hablaba en mi casa cuando era pequeña: el gallego. Lo intenté un par de veces en la Hermandad Gallega de Caracas, pero lamentablemente ya habían dejado de ofrecer las clases porque no suscitaban mucho interés. Finalmente, el año pasado encontré un curso en la Escuela Oficial de Idiomas de Drassanes (Barcelona) y no desaproveché la oportunidad. Allí me encontré con una profesora simpatiquísima, muy organizada y sumamente dedicada a su trabajo: Ana Escourido . ¿Lo que más me ha gustado de sus clases? El cariño que les pone.

Desde que estoy estudiando gallego y catalán soy mucho más consciente de la importancia histórica y social de las lenguas cooficiales de España. Pero realmente una de las cosas más bonitas que me ha dejado este curso es que ahora puedo hablar en gallego con mi familia (no con corrección y fluidez, como dice Carlos Callón, pero se hace el intento). Lo mejor que puedo hacer para darle las gracias a Ana es dedicarle un pedacito del blog. Por eso, sin más preámbulos, les presento a Ana Escourido.

Ana Escourido“Nacín na cidade da Coruña en 1978. Son licenciada en filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballei durante anos en diversos proxectos de investigación universitarios, como o Atlas Multimédia Prosodique de l’Espace Roman, dedicado ao estudo dialectolóxico das variantes lingüísticas da Romania. Exercín docencia na Facultade de filoloxía e tradución da Universidade de Vigo e na Facultade de filoloxía da Universitat de Barcelona. Impartín diversos cursos de lingua galega organizados pola Xunta de Galicia e traballei na escola de idiomas Paralaia da Coruña. Actualmente son profesora de galego na Escola Oficial de Idiomas de Barcelona Drassanes, onde desenvolvín un Club de Lectura en galego que ten moito éxito entre os alumnos. No tempo libre, coordino, xunto con Sabela Labraña, o Proxecto Galauda, dedicado  ao ensino do galego na Secundaria de Cataluña e ao catalán na Secundaria de Galiza. Pertenzo tamén a Furafollas Agrupación Teatral, un grupo nado en Barcelona que trata de promover e divulgar a cultura galega e catalá a través da expresión teatral. E cando poido colaboro coa Asociación Cultural Galega de Barcelona nas diferentes actividades culturais que se fan para a promoción do galego dende a emigración catalá.”

De tres en tres

Tres verbos: escoitar, comprender, comunicar

Tres personajes: Rosalía de Castro, Chihiro, Lizbeth Salander

Tres momentos: un paseo polo casco antigo de Compostela; xantar un wok na praia da Barceloneta cunha boa compaña; a primeira clase de galego na EOI Barcelona-Drassanes.

¿Por qué crees que es importante proteger las lenguas minoritarias de un país?

Con respecto ao galego, non deberiamos falar de “lingua minoritaria”: o galego segue a ser a lingua maioritaria en Galiza, aínda que se estea a dar, nas últimas décadas, unha forte ruptura na transmisión xeracional. Creo que o termo podería ser “lingua minorizada”, dada a situación na que vive.
As linguas son patrimonio cultural do lugar onde se falan. Penso que é triste ver como poden acabar morrendo porque a xente só ve conflito e non se decata da riqueza que é saber linguas.

¿Cuál es la situación del gallego con respecto a las otras lenguas cooficiales de España?

Hoxe en día a connotación que boa parte dos galegos teñen da súa propia lingua é moi negativa. A xente que fala en galego asóciase, xeralmente, cunha persoa maior de ámbito rural, con poucos recursos económicos, analfabeta, etc. Porén o castelán vén ligado á connotación de lingua importante (porque é a necesaria para a promoción social), empregada nas cidades e pola xente nova. Os meus pais, por exemplo, galegofalantes de toda a vida, empregan o castelán cando van ao médico, ao banco, a algunhas tendas… Isto provoca tamén situacións curiosas, como os amigos de meus pais (tamén galegofalantes habituais) que cando se dirixen a min (unha rapaza nova con estudos) empregan o castelán, aínda que eu lles responda unicamente en galego…

¿Qué les debo responder a los gallegos que me dicen: “Para que estudas galego? Iso non o fala ninguén”?

A xente tende a identificar a lingua unicamente como un instrumento de transmisión de información, pero as linguas son moito máis. Coas linguas accedes a unha maneira de entender a vida, de transmitir sentimentos, emocións ou mesmo facer bromas. A lingua que empregues pode facer que te integres ou non realmente no seu grupo de falantes.

Non é certo que o galego non se fale, abofé que se fala, e moito! Pero está en perigo, porque se está perdendo a súa transmisión xeracional. Pais que non falan galego aos seus fillos, roubándolles así algo que lles pertence, o coñecemento da lingua dos seus devanceiros, a memoria do que son.

¿Crees que la administración autonómica se ha centrado en tópicos folklóricos o realmente  ha trabajado en una verdadera promoción cultural?

No caso da emigración é fácil caer en tópicos folclóricos… Moitas veces se acaba reducindo a cultura galega a gaitas e aos traxes típicos. É moi importante conservar e manter a tradición do noso país, pero non debemos encapsulala como se fose un ente morto.

¿Cuál ha sido tu aporte a la defensa y promoción del gallego?

A miña principal achega é, sen dúbida, falar en galego todos os días e querer transmitirlles a miña lingua aos meus fillos. Só o seu uso constante e a súa transmisión poden garantir a súa supervivencia.

Por outro lado, creo que tamén contribúo á súa promoción cando lles ensino galego, aquí en Barcelona, a moitos fillos de emigrantes, que teñen curiosidade por aprender unha lingua que tamén consideran súa e á que lle teñen moito cariño. É un grande pracer para min cando algún alumno me di: “agora podo falar galego cos meus pais!” ou “fáloo cando vou a Galiza!”

Por último, tamén me gusta moito contribuír con actividades culturais para concienciar á xente da importancia que ten falar linguas como o galego ou o catalán. É por iso que colaboro coa ACGB ou participo en Furafollas Agrupación Teatral.

En cuanto a la protección del gallego, ¿qué esperas de las autoridades? ¿Qué esperas de los ciudadanos?

Das autoridades espero que tomen conciencia da importancia de promover o galego na Educación. A escola é un punto crucial para poder revalorizar o uso do galego nun momento en que se está a perder a súa transmisión xeracional.

Dos cidadáns galegos espero que se decaten de que se nós non valoramos o que temos, ninguén o fará… Se nós non apostamos polo uso da nosa lingua, esta desaparecerá e con ela unha parte de nós.